lunes, 19 de julio de 2010

Día da Patria Galega.



Federación de Asociaciones Gallegas

DE LA REPUBLICA ARGENTINA

Personería Jurídica otorgada por Res. N° 000126 de la I.G.J.

e-mail: fedegaleg@hotmail.com


Con entrada libre y gratuita, el sábado 24, a partir de las 19.30

MÚSICA PARA FESTEJAR

EL DÍA DE GALICIA

Con motivo de cumplirse el 25 de julio el Día de Galicia, la Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina invita a la comunidad a celebrar esta tradicional fecha con un festival musical que se desarrollará el próximo sábado 24 de julio, desde las 19.30, en el Teatro Bambalinas, ubicado en Chacabuco 947, del porteño barrio de San Telmo.

En la oportunidad, con entrada libre y gratuita, se presentará el grupo "Achaiva da Ponte", que suele deleitar con su música de Galicia y otros barrios celtas.

Integrado por Juan Aguirre Alegre (gaita, flautas), Marcelo Abalos (flautas, gaita), Willy Pagiatis (violín, mandolina, bouzuki, cello), María Alejandra Río López (guitarra y voz), Víctor Cerrón (bajo, percusión, voz), y Patricio Camino (percusión), esta agrupación publicó recientemente su segundo CD, "Madera Gallega", que se suma a su primer trabajo llamado "Volta a virar".

Además de los temas de origen gallego, asturiano, cántabro, bretón, irlandés y vasco que habitualmente interpretan, los Achaiva han incorporado a su repertorio nueva música de composición original inspirada en lo que denominan "a clara auga da fonte" que proviene del mundo folk celta.

También participarán de este acto por el Día de Galicia, el tradicional Grupo de Baile "Baixo Miño", el Conjunto de Gaitas "Duas Beiras" y la agrupación Coral Semente.

Los interesados podrán solicitar mayores informes comunicándose al teléfono 4300-1790, de lunes a viernes, de 17 a 20, o bien consultando nuestra página web www.fsgallegas.org.ar .

lunes, 8 de marzo de 2010

PARTICIPACION DO BNG NA TOMA DE INVESTIDURA DO PRESIDENTE DA REPUBLICA ORIENTAL DO URUGUAI JOSÉ MUJICA CORDANO


PARTICIPACION DO BNG NA TOMA DE INVESTIDURA DO PRESIDENTE DA REPUBLICA ORIENTAL DO URUGUAI JOSÉ MUJICA CORDANO
En resposta ao convite realizado polo Frente Amplio ao BNG, para participar na investidura do Presidente eleito da República Oriental do Uruguay, o BNG participou na investidura celebrada o dia 1 de marzo de 2010. Pola imposibilidade da participación do Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, polo estado da situación política en Galiza a respeito do debate das Caixas e a situación metereolóxica, foi anulada a súa viaxe a Arxentina e Uruguay. Tendo en conta o feito que a Portavoz do BNG en Bruxelas Ana Miranda ia asistir á investidura en representación do partido político europeo Alianza Libre Europea (ALE) do que exerce a función de Vicepresidenta e do Grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo, foille comunicado polo Responsable de Exteriores da Executiva Nacional, en coordinación co Portavoz Nacional, que exercera a representación do BNG no acto de investidura.
A nacionalista participou nos actos de investidura do dia 1 de marzo, podendo saudar ao novo Presidente de Uruguay, ao que lle transmitiu un saúdo do Portavoz Nacional do BNG e o compromiso de poder seguir traballando xuntos, entre Galiza e Uruguay, entre o BNG e o Frente Amplio no desenvolvimento económico, social e cultural de ambos pobos; na conversa mantida na fin do acto de investidura, lembraron aos emigrantes dun e doutro lado. Na recepción que o novo Goberno ofreceu pola noite no Laboratorio Tecnolóxico do Uruguay (LATU), nunha segunda conversa tratouse o tema das relacións entre Mercosul e a Unión Europea, na que o Presidente do Uruguay pediu colaboración estreita.
No dia anterior á investidura, e no dia feriado do 1 de marzo, realizáronse numerosos encontros con representantes políticos do Uruguay e doutras organizacións internacionais, ademais de varias entrevistas en medios de comunicación galegos e urugaios dirixidos á diáspora, asi coma encontros coa colectividade galega e co grupo do BNG en Montevideo, para tratar a situación da lingua galega, cuestión de moito interese neste momento para os noso militantes e simpatizantes alí.
Entre os encontros con representantes do Frente Amplio, a responsable nacionalista tivo a ocasión de conversar con representantes de todas as formacións internas do Frente (MPP-Movimento de Participación Popular -corrente maioritaria e máis votada nas eleccións presidenciais, Partido Comunista do Uruguay, Vertiente Artiguista, Partido Socialista, ...) como a senadora Lucia Topolansky, companheira de José Mujica, Chela Garcia, da Comisión de Relacións Internacionais do Frente Amplio, José Dominguez, parlamentario do Parlasur, Anibal Pereyra, deputado), Belela Herrera, Presidenta da CARIFA e antiga viceministra de Exteriores, Reinaldo Gargano (antigo Ministro de Exteriores), Enrique Pintado (novo Ministro de Infraestructura e Transportes), Manuel Núñez (ex senador natural de Moraña), Ricardo Ehrlich (ex Intendente de Montevideo e novo Ministro de Educación e Ciencia), Mariano Arana (ex Intendente de Montevideo e ex Ministro de Vivenda, natural de Arteixo), Nico Schwartz, membro do Foro de Sao Paulo, Ricardo Calvo (Director do Instituto Nacional de Vitivinicultura, galego), e outra seria de representantes. Pola banda internacional, con todas as organizacións presentes do Foro de Sao Paulo, destacando as conversas mantidas cos representantes do PT e do PCdB do Brasil, con Proxecto Sul de Arxentina, e doutras forzas da esquerda latinoamericana de Paraguay, Mexico, Perú, Bolivia, Venezuela e Cuba ali presentes. Tamén destacou o encontro co Presidente da República Arabe Saharaui Democrática (RASD) Mohamed Abdelaziz que foi convidado á investidura, pois Uruguay recocheceu no pasado Goberno de esquerdas presidido por Tabaré Vázquez á RASD, quen agradeceu todo o que o BNG fai pola causa saharaui e os últimos acontecimentos de solidaridade con Aminatou Haidar.
O BNG mantivo ademais encontros coa colectividade galega, reunida no acto público celebrado no Padroado da Cultura Galega de Montevideo, onde a charla foi arredor do "Galego, lingua universal, na Galiza, en Europa e no mundo". Na reunión mantida co BNG de Montevideo, transmitiuse un saúdo do Portavoz Nacional e as lembranzas do Coordinador da Subcomarca de América Xosé Manuel López Trelles, e o compromiso de seguir traballando, asi como unha radiografia da situación post eleitoral de Galiza dende as pasadas eleccións, a situación actual e tamén os debates arredor da Lingua Galega e da Lei de Caixas.
Bruxelas, 8 de marzo de 2010.