lunes, 28 de diciembre de 2009

Visita a Montevideo do alcalde de Gondomar

Esta foto que baixamos do Fb de Ana, graciñas Ana, é con motivo da visita do alcalde de Gondomar, Arauxo (no centro), a Montevideo. Acompañano na foto Ana Miranda ( a esquerda ) e as compañeiras do BNG-Uruguai Carme Fernández Salgueiro e Fina Lema xunto ao noso irmán Manolo Saa (na dereita, soo circustancialmente) responsábel portavoz da Asemblea do BNG no Uruguai.

viernes, 23 de octubre de 2009

Asina contra a manipulación informativa na TVG

http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/

sábado, 3 de octubre de 2009

QUERO GALEGO por Duarte Correa

27 de Septembro do 2009
QUERO GALEGO! por Duarte Correa

Días atrás presentouse en sociedade a Plataforma Queremos Galego, conformada por diversas organizacións a nivel nacional e persoas a título individual, e á que se están sumando múltiples colectivos e persoas nas distintas comarcas do país, co obxecto de traballar na defensa do noso idioma fronte ás agresións que está a sofrir por parte do españolismo encabezado polo actual goberno da Xunta de Galiza.

Queremos Galego é unha iniciativa que non busca só asinantes para un manifesto de intelectuais, políticos ou profesionais do ensino; Queremos Galego é consciente da importancia que teñen os referentes intelectuais e mediáticos nesta sociedade mediática na que vivimos pero quere ser algo máis, erguer un movemento social amplo e plural en defensa de Galiza, e digo en defensa de Galiza porque a defensa do noso idioma é a defensa do futuro Galiza.

E desgraciadamente, como ven sendo habitual cada vez que bota a andar algo por iniciativa do nacionalismo, xurden na nosa propia casa as voces dos hipercríticos, "que si é pouco plural", "que si convocar unha manifestación é crispar a sociedade", "que si o noso discurso sobre o idioma está atrasado", etc?

Aos que vamos cumprindo anos e temos participado nalgunhas loitas por este país ao longo do noso curto ou longo percorrido militante fainos graza que muden as caras ou os nomes dos "críticos" pero sigan a empregar os mesmos argumentos:

Queremos galego é pouco plural?: sinceiramente cantas máis persoas e asociacións se integren máis plural vai ser; e algúns que andan a laiarse, caen no "hipercriticismo" e piden explicacións a quen están dentro de porque determinadas organizacións de obediencia española non queren entrar pese aos múltiples intentos que houbo de que o fixeran, a ver se dunha vez por todas lles perguntan a quen non quixeron integrarse porque razón sempre quedan fora cando se trata de facer algo polo interese de Galiza.

Lembrades o que pasou cando a Plataforma NUNCA MÁIS?, pois o mesmo que agora, foi o nacionalismo o seu motor, puxéronlle múltiples paus nas rodas e cando viron que ía ser un éxito de mobilización e concienciación subíronse ao carro, iso sí só para a foto porque eu non os vin arrimando o ombro ao longo do proceso. A pluralidade e o éxito dependerá do noso traballo, coma sempre.

Convocar unha manifestación é crispar a sociedade?: eu considero que non e neste momento é fundamental a mobilización e concienciación social, con manifestacións e con outro tipo de actuacións que propón Queremos Galego. A historia amósanos que na sociedade os avanzos e os retrocesos só se producen en función do nivel de tensión que se consigue crear, e iso sábeno moi ben os estrategas do PP que ergueron da nada un movemento usando a mentira da imposición do galego (a semana pasada nunha charla á que asistín Marta Dacosta facía moi axeitadamente referencia á estratexia nazi de manipulación social personificada na frase do seu ministro de propaganda Joseph Goebels "mentir, mentir, mentir? algo sempre queda"). Nós coa manifestación do 17 de maio conseguimos tensionar a unha parte moi importante da sociedade que se sentía derrotada despois do 1 de marzo, e agora precisamos de proseguir ese labor, porque aínda que poida parecer pouco correcto políticamente decilo somos nós quen temos a razón e son eles quen minten, manipulan e introducen a crispación.

O noso discurso sobre o idioma está atrasado?: non podo falar como lingüísta, sociólogo ou sociolingüista dado que non o son, pero si podo falar pola experiencia que me dá a miña militancia e sei que tamén eran atacados por ser "atrasados" os nosos discursos sobre o mercado común nos anos oitenta, a nosa defensa dos servizos públicos, o noso apoio ao desenvolvemento do sector agrario e pesqueiro, etc?Ao final resultou que as análises correctas eran as nosas e os que nos calificaban de "atrasados" só servían de correa de trasmisión (unhas veces conscientemente e outras sen sabelo) das estratexias do poder. Hoxe en galiza segue a haber un idioma que está relegado, e que perde falantes, é o galego; fronte a esta realidade na que todos coincidimos teremos que facer todas as adaptacións que sexan precisas para que o noso discurso chegue mellor á sociedade, e para iso hai instrumentos. Pero ollo non nos confundamos, mellorar o noso discurso non pode significar agachar as nosas análises ou enmascarar a realidade agardando ter unha mellor recepción por facelo, e aprendamos dos momentos non tan lonxanos en que baseabamos todo na imaxe e esquecíamos o contido.

Queremos Galego cítanos para unha grande manifestación o 18 de outubro en Compostela, até ese día queda moito por facer; e a partir do día seguinte tamén.

miércoles, 30 de septiembre de 2009

miércoles, 19 de agosto de 2009

Caracas: visita dos compañeiros da Terra e da Arxentina


Na foto, tomada na Irmandade Galega de Venezuela: Paco Lores, X. M. López Trelles, Ana Miranda, Eduardo Meilán, Manolo Giraldez e Chema Ferreiro. Foi polo tempo do Foro Social Mundial.

Caracas: Reunión da Plataforma Nunca Máis en 2003

Reunión da Plataforma Nunca Máis, na Irmandade Galega de Venezuela, decembro 2003. Na foto X. M. López Trelles, Antón Faro, Xaime Rei, Manolo Giráldez e Alberte Puente García.

Uruguai: O Padroado da Cultura Galega lembra a Alexandre Bóveda no aniversario do seu asasinato

17 de Agosto: DÍA DA GALIZA MÁRTIR
O pasado luns 17 de agosto o Padroado da Cultura Galega conmemorou, coma todos os anos, o DÍA DA GALIZA MÁRTIR, o día dos mártires galegos. Esta homenaxe coincide coa data do fusilamento de Alexandre Bóveda, figura fundamental do nacionalismo nos tempos da República.
Nesta ocasión o salón de actos do Padroado acolleu o acto onde se lembrou a figura de Bóveda nas palabras das galegas e galegos do Padroado, e no que se pasaron vídeos que acreditan a seu aporte fundamental para Galiza.
Lembrar a Bóveda foi tamén lembrar a constitución do Partido Galeguista en 1931, o Estatuto de Autonomía, o seu exilio en Cádiz, o golpe militar na Pontevedra do 36 e o xuízo militar que condenou a morte a este galego que deu todo, deica a vida, por Galiza.
“ A miña morte servirá para acadar adeptos a causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei a nosa terra”, esta palabras, que foron as derradeiras antes de caer baixo as balas dos verdugos fascistas, foron sensiblemente recollidas na homenaxe.

Fonte: www.cronicasdaemigración.com Álvaro Velázquez

lunes, 13 de julio de 2009

O DIA DA PATRIA FAI 30 ANOS, 1979, EN CARACAS


Este acto do día da Patria de 1979 fixémo-lo no vello Teatro Rosalía de Castro, da Irmandade Galega de Venezuela.
En primeiro termo na esquina inferior dereita está Eliseo Montes (do PCE), e ao lado o noso compañeiro Xesús López Varela, pareceme que a que está detras de Xesús é Mari Carmen Fernández.
Este acto, do Día da Patria, deu lugar a que continuara a confrontación co Consello Directivo de turno que empezara cando nos usurparán a festa do San Xoán. Ameazas coa presencia da policía política, patrullas fora da Irmandade e axentes rondando no interior, non foron quen de disuadirnos.
Ao fondo da foto, sostendo a pancarta das Bases Constitucionais, están Xosé Manuel López Trelles e Leopoldo Romero (Curro) e unhos compañeiros de NoGa (Nova Galiza) coa bandeira nacionalista.
Na madrugada un “misterioso comando vandálico de Nova Galiza” secuestrou a corda do mástil onde tiña que ondear a bandeira española dos borbons. Aínda hoxe conservo o pedazo que me tocou do reparto, con tres nudos.
Todo este asunto rematou con seis expulsados da Irmandade Galega de Venezuela, acontecemento que merecera a portada do semanario “A Nosa Terra”.

Os nosos blogs

http://www.blogoteca.com/bngvenezuela
http://bngargentina.blogspot.com

Consello Local da Asemblea do BNG na Venezuela

Consello da Asemblea Local do BNG na Venezuela:
Xosé Manuel López Trelles, responsábel local e de cultura.
Xaime Rei Mantilla, viceresponsábel local.
Álvaro Sarria Pérez, responsábel de organización e finanzas.
Xoán Manuel Giráldez Pérez, responsábel de relacións institucionais e publicas.
En Santiago de Léon de Caracas, no mes de xuño do ano 2009.

Proposta de boletín para a Subcomarca das Américas


Cartaz do DÍA DA PATRIA 2009


Saúdos a todas as compañeiras e compañeiros do BNG na Subcomarca das Américas

Con esta entrada damos incio ao blog do BNG para a Subcomarca das Américas, coa finalidade de que sexa útil para mellorar as nosas comunicacións e coñecernos un pouco máis.
Agardamos contar coa colaboración de toda a nosa xente para ir engadindo as vosas informacións.