
Este acto do día da Patria de 1979 fixémo-lo no vello Teatro Rosalía de Castro, da Irmandade Galega de Venezuela.
En primeiro termo na esquina inferior dereita está Eliseo Montes (do PCE), e ao lado o noso compañeiro Xesús López Varela, pareceme que a que está detras de Xesús é Mari Carmen Fernández.
Este acto, do Día da Patria, deu lugar a que continuara a confrontación co Consello Directivo de turno que empezara cando nos usurparán a festa do San Xoán. Ameazas coa presencia da policía política, patrullas fora da Irmandade e axentes rondando no interior, non foron quen de disuadirnos.
Ao fondo da foto, sostendo a pancarta das Bases Constitucionais, están Xosé Manuel López Trelles e Leopoldo Romero (Curro) e unhos compañeiros de NoGa (Nova Galiza) coa bandeira nacionalista.
Na madrugada un “misterioso comando vandálico de Nova Galiza” secuestrou a corda do mástil onde tiña que ondear a bandeira española dos borbons. Aínda hoxe conservo o pedazo que me tocou do reparto, con tres nudos.
Todo este asunto rematou con seis expulsados da Irmandade Galega de Venezuela, acontecemento que merecera a portada do semanario “A Nosa Terra”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario