miércoles, 19 de agosto de 2009

Caracas: visita dos compañeiros da Terra e da Arxentina


Na foto, tomada na Irmandade Galega de Venezuela: Paco Lores, X. M. López Trelles, Ana Miranda, Eduardo Meilán, Manolo Giraldez e Chema Ferreiro. Foi polo tempo do Foro Social Mundial.

Caracas: Reunión da Plataforma Nunca Máis en 2003

Reunión da Plataforma Nunca Máis, na Irmandade Galega de Venezuela, decembro 2003. Na foto X. M. López Trelles, Antón Faro, Xaime Rei, Manolo Giráldez e Alberte Puente García.

Uruguai: O Padroado da Cultura Galega lembra a Alexandre Bóveda no aniversario do seu asasinato

17 de Agosto: DÍA DA GALIZA MÁRTIR
O pasado luns 17 de agosto o Padroado da Cultura Galega conmemorou, coma todos os anos, o DÍA DA GALIZA MÁRTIR, o día dos mártires galegos. Esta homenaxe coincide coa data do fusilamento de Alexandre Bóveda, figura fundamental do nacionalismo nos tempos da República.
Nesta ocasión o salón de actos do Padroado acolleu o acto onde se lembrou a figura de Bóveda nas palabras das galegas e galegos do Padroado, e no que se pasaron vídeos que acreditan a seu aporte fundamental para Galiza.
Lembrar a Bóveda foi tamén lembrar a constitución do Partido Galeguista en 1931, o Estatuto de Autonomía, o seu exilio en Cádiz, o golpe militar na Pontevedra do 36 e o xuízo militar que condenou a morte a este galego que deu todo, deica a vida, por Galiza.
“ A miña morte servirá para acadar adeptos a causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei a nosa terra”, esta palabras, que foron as derradeiras antes de caer baixo as balas dos verdugos fascistas, foron sensiblemente recollidas na homenaxe.

Fonte: www.cronicasdaemigración.com Álvaro Velázquez