17 de Agosto: DÍA DA GALIZA MÁRTIR
O pasado luns 17 de agosto o Padroado da Cultura Galega conmemorou, coma todos os anos, o DÍA DA GALIZA MÁRTIR, o día dos mártires galegos. Esta homenaxe coincide coa data do fusilamento de Alexandre Bóveda, figura fundamental do nacionalismo nos tempos da República.
Nesta ocasión o salón de actos do Padroado acolleu o acto onde se lembrou a figura de Bóveda nas palabras das galegas e galegos do Padroado, e no que se pasaron vídeos que acreditan a seu aporte fundamental para Galiza.
Lembrar a Bóveda foi tamén lembrar a constitución do Partido Galeguista en 1931, o Estatuto de Autonomía, o seu exilio en Cádiz, o golpe militar na Pontevedra do 36 e o xuízo militar que condenou a morte a este galego que deu todo, deica a vida, por Galiza.
“ A miña morte servirá para acadar adeptos a causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei a nosa terra”, esta palabras, que foron as derradeiras antes de caer baixo as balas dos verdugos fascistas, foron sensiblemente recollidas na homenaxe.
Fonte: www.cronicasdaemigración.com Álvaro Velázquez